Para a Xente que non puido estar na derradeira reunión só comentar alguns conselliños para o verán
* Se querdes que fagan algo (só se aburriran un pouco nos primeiros días , mentres teñan "mono" do colexio), que debuxen e , a poder ser, dalgún conto ou historia que oiran antes (se son dous ou tres debuxos ordeados temporalmente , mellor). Si van a algún sitio ou fan algo especial que fagan un debuxo e o traian logo das vacacións. Teño en mente m facer algo con eles.
* Escribi-lo seu nome de xeito enlazado.
escribi-los números dende o 1 ata o 6. Face-lo mesmo pero do 6 ó 1. ( Se fixeran algún do revés, poñerlle flecha de inicio do número).
* Se quixeran facer algunha das letras traballadas , mirade na fila a direccionalidade coa que trabllaron.
* Recoñecer vogais nun texto.
* Xogar a ver que vocal ten unha determinada palabra
* Recortar pouco pero ben
* Calquer idea que se vos ocurra a partires das fichas que fixo durante o curso
* DISFRUTAR das vacacións
Remato con este video que levastes no DVD de fin de curso.
Estas foron algunhas das cousas que fixemos dende Setembro e ata antonte . Despois de velo, decátome de canto traballaron e do ben o pasamos.
Gracias a tod@a pola vosa colaboración e vémonos en Setembro (probablemnte o día 11 e ás 10 da mañán)
Hace 1 año