Luns foi adicado fixemos a portada da letra d e unha nova páxina do libriño "Xa sei escribir" ( coido que xa vos falei de él pero por si acaso lembrarvos que con cada letra facemos unha páxina no que @ nen@ ten que escribir catro palabras e facer un debuxo sobre cada unha. Neste caso as opcións eran: soldado, pomada , moeda, dado , demo , dedo ou espada).
Rematamos a xornada do Luns organizando e coloreando os debuxos das duas primeiras páxinas do Conto de Carapuchiña. Entre tod@s decidimos tamaño e situación dos elementos do debuxo. Logo fixeron os da terceira páxina.
O Martes xa foi algo diferente pois no tema no que estamos a traballar ( rúa e cidade) hai que falar dos medios de transporte. Durante un bó anaco estivemos citando medios que iamos clasificando segundo foran de terra, auga ou aire. Sairon unha morea deles. Algúns non eran moi coñecidos polo que aproveitando o recorso da PDI buscámolos en Google. Así vimos como era unha zodiac, un bote salvavidas, un globo aerostático, un tranvía ou unha avioneta. lembramos algunhas das normas que temos á hora de ir nun coche , autobus ou moto. Tod@s as sabían pero , ás veces, non tod2s as poñían en practican. Enterámonos de casos de nen@s que montaron en moto sen casco , ou que foron sentados na parte de diante do coche. Esto por suposto co consetimento do beneplácito.
Por eso aproveito para dar un pequeno tirón de orellas e lembrarnos tod@s que non se poden facer excepcións. A eles/as quedoulles claro que NUNCA se monta nunha moto sen casco , polo tanto NUNCA os montedes. Tamén que non poden ir diante , polo tanto NON os levedes. Se na escola aprenden a teoría e logo non a levan á práctica , non serve de nada.
Despois do recreo quería que deixaramos rematadas as xoaniñas-pisapapeis polo que , como o deradeiro Venres non tiveramos vídeo e o que ven tampouco o íamos ter, decidín que remataran de ver a que quedara incompleta fai 10 días ( a peli do Valiente Desperaux). Tod@s moi contentos e tod@s co regalo rematado.
O mércores traballamos co vocabulario de cousas que hai na rúa , algunhas coñecidas e outras non tanto ( polo menos no que se refire o nome en galego) como os sumidoiros.
Aproveito que a semana foi curta e non teño moito que contarvos polo que vos deixo outro video. Este é na clase de Psicomotricidade onde van con Teresa. Parece unha clase de aerobic de profesionais polo ben que o fan.