O Luns tiñamos programado traballar coa lectoescritura pero , como o Martes íamos facer unha saída non programada, tivemos que adiantar o traballo.
Logo do recreo presentamos a resta.
Rematamos a mañán iniciando un novo conto que é para o Dia das Letras Galegas(poderiamos montar unha Editorial dada a cantidade de contiños feitos). Cada día leeremo-lo texto e logo eles/as teran que ilustralo coas imaxes (o conto é o coñecidismo de "Riciños de ouro e os tres osiños").
O Martes miramos de aproveitar o tempo que tiñamos antes da saída. Como íamos comezar un novo libro no que o tema a traballar eran os animais , adicamos este tempo a explorar un xogo de Jclic sobre os animais que fixen eu(en canto poida poñereino no blog , ainda que é bastante "pesado" e pode tardar en cargar). Nel imos traballar a clasificación típica dos animais: mamíferos, aves, reptís, anfibios, peixes e insectos. Ese día só deu tempo ás duas primeiras. categorías. Así que o vexan en grupo intentaremos que xoguen por parellas nos ordenadores de sobremesa.
Ás dez e media marchamos cara o centro cívico onde ía se-la solta dos alevíns. Primeiro estivemos esperando pois dixéronnos que nos ía a acompañar a policía ou protección civil pero , polo que fora, non puido ser así e marchamos sós. Á chegada nos puxeron nas gradas que había e nos explicaron que había seis currunchos con actividades relacionadas coa auga ou
Dalí pasamos a clasificar animais segundo foran de auga, terra ou aire. Bastante ben , agás nalgúns que eran dificiles ou pouco claros ( tartaruga ou pingüin)
Rematamos con outro xogo de facer parellas de peixes. Antes limos que peixe eran ( atún , sardiña, salmón , rodaballo ,lenguado..) e comentamos algo sobre si o comiamos e en que tipos de comidas. Rematamos e marchamos pois , en xeral , había moita fame.
A miña avaliación é positiva, sobre todo tendo en conta que é a primeira vez que se fai. Agora hai que ver como mellorar que hai bastantes cousas que si poden facelo.
Todas estas actividades viñéronnos moi ben para o novo centro de interese dos animais. O Xoves estivemos lembrando algo mais das aves. Esto foi porque tiñamos que falar das cores das plumas: sobre das de cor branca e negra. Aves de cor branca coñecían algunhas pero
Mentres ían facían a páxina correspondente o con de Riciños de Ouro foron vindo por parellas a facer unha fiche de plástica na que tiñan que , tamén, decorara o fondo do mar. Para eso pintábano con unha mestura de auga, sal, cola branca e pintura azúl. Sobre eso pegaban tres peixes que recortaran. Vedes que o resultado foi bastante bonito.
Para rematar dicirvos que pola parte final do comentario van varias fotos do proceso e resultado de como fixemos o regalo da nai ( a derradeira semana non as tiña).
Na marxe dereita queda unha ligazón para descargar as fontes manuscritas que uso habitualmente coas fichas e coas actividades de Jclic. As que comezan por esco... son a fonte Escolar e as outras duas tamén son de letra manuscrita.