Ainda que con moitos días de retraso comezamos un novo curso. As novidades son moitas para comezar apenas dou clase pois, nun momento de tolemia, decidin aceptar a Xefatura de Estudios deste macrocolexio que é o Ponte dos Brozos (22 unidaddes de E. Infantil , 38 de E. Primaria e1430 alumn@s) e só teño catro horas de docencia.Esto conleva que agora teña unha compañeira de viaxe, chamase Patricia e entre os dous imos tentar levar a cabo esta primeira etapa. A aula é de 4 anos , xa non é a da rá , agora é a clase dos pallasos. Dende a experiencia que me dan os anos que levo dando clase dígovos que miña primeira impresión sobre eles/as é moi boa. Son moi agarimosos e , dentro da súa idade, escoitan bastante cando se lles fala.
A xente que seguiades o blog antes non fagades comparacións pois ascircunstancias no son as mesmas. Como presentación deixovos unhas fotos do grupo nun destes primeiros días. Non estan tod@s pero é unha primeira imaxe. Temos algunhas individuais pero ata que teñamos as de tod@s non volas ensinaremos.
Os comentarios irémolos facendo cando poidamos e sen compromisos. Procuraremos mantervos informados do que facemos e do que falamos clase. A cambio esperamos a vosa colaboración con comentarios ou ideas