Como sabedes os Luns temos Psicomotricidade , a eles/as gustalles moito porque fan diferentes actividades. Comezamos aprendendo a controlar o movemento, asó había que camiñar ao ritmo da pandeireta, ou camiñar e pararse á palmada. Cantamos cancións coñecidas como a de Pimpón é un boneco ou Xan pequeno baila. Pero hai unha moi coñecida que cantamos moitas veces para voltar á clase: Un elefeante se balanceaba sobre la tela de una araña , como ....
Ainda que xa coñeciamos o nome das principais partes do corpo, agora sabemos mais e o seu nome en galego. Para axudar a memorizar algúns nomes xogamos cos diferentes artellos (Lugar onde se unen os ósos da perna cos do pé, os da man cos do brazo ou os dos dedos entre si) que temos polo corpo , miramos como dobraban.
Fixemos carreiras cos zancos, saltamos aros e atravesamos algún que outro circuito de dificultade media.
Nas fotos podedes ver algúns dos mellores momentos (hai unhas poucas mais fotos neste album).
Hace 1 año